Chámome Brais, son dun pequeno e fermoso pobo chamado Camposancos. Está situado en plena desembocadura do río máis longo de Galicia, o Río Miño, facendo fronteira cos nosos veciños de Portugal. Cada día, os veciños de alí vemos magníficos atardeceres e amenceres e disfrutamos do espectacular entorno que nos rodea co Monte Santa Trega como testemuña.

A miña paixón no mundo audiovisual comeza desde moi xoven. Sempre me chamou a atención este pequeno gran mundo como é o audiovisual. En 2013 comecei a estudar na Escola de Imaxe e Son de Vigo. Compaxinando luces e cámaras, crecín coa musica dentro de min coa Agrupación Musical do Rosal tocando o saxofón.

curri web gal